Se queres algún dos nosos libros podes enviarnos un correo a bailarete@rb.gl

A partir dun poema de Uxío Novoneyra, Irene Silva lévanos a un espazo cheo de cor e movemento que se transforma en melodía.

Rocío Pérez preséntanos o Porviso, un ser un pouco estrafalario e revoltoso que sempre está facendo trasnadas.

Libro agasallo do alumnado da Unitaria de Chenlo para a súa mestra. A través de debuxos de Luis Seoane pintados coa técnica de Eric Carle, escriben fantásticas historias.

No Samaín sempre suceden cousas moi raras e no CRA de Dodro aínda máis. Un exemplo de traballo colaborativo entre o alumnado e as familias deste centro.

Escolma feita por Isabel Blanco entre o repertorio do grupo O Son da Triga e que ilustra Irene Silva Xiráldez.

A Leandro non lle gustaban nada os números, aborrecía as matemáticas, pero Rocío Pérez logra que nos gusten a grandes e pequenos.

A artista Irene Silva Xiráldez ilustra o coñecido poema de Rosalía e Xaime Estévez Vila ponlle a música.